Monday 29 de April de 2024

Veciños da Baña coñecen a Serra de Cazorla e Granada


 

Un grupo de veciños e veciñas da Baña viaxaron do 21 ao 26 de setembro ao Sur de España. Do total de 58 excursionistas, 24 procedían da Baña. Durante a viaxe, que transcorreu nun agradable ambiente, os excursionistas puideron gozar de interesantes vistas. O tempo tamén axudou. Os participantes gozaron de temperaturas propias do verán. Os usuarios puideron gozar da gastronomía de Andalucía, das paisaxes de oliveiras de Xaén, das vistas de Serra Nevada, da costa de Almería co Mediterráno como protagonista.
Entre os lugares que visitaron destacan a Serra de Cazorla, a Alhambra de Granada, un espectáculo de flamento nas covas do Sacromonte, e a visita ao poboado de Tabernas en Almería.